Continuando coas visitas, hoxe tocoulle a Luis, papi de Naroa. O seu traballo é facer barcos, grandes, grandes. Así, ensinounos un montón de fotos que tiña no seu ordenador e que nos encantaron. Despois, dounos a cada un un barco para colorear e fomos para clase a poñernos mans á obra. E tamén se puxo a traballar con nós. Quedáronnos un barcos moi, moi chulis que agora temos no corcho da nosa clase. E antes de marchar, invitámolo a vir de "picnic" con nós. E aínda se quedou un ratiño a xogar no patio. Que papi máis divertido!!!!!!!! Moitas grazas Luis. Esperámoste cos brazos abertos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario