Hoxe, luns, na asamblea saliu o tema dos medos que os nenos e nenas tiñan: a escuridade, os ruídos, os leóns, os paxaros, as arañas... Aínda que tamén os había valentes que dicían que non tiñan medo a nada, nada. Despois do recreo a profe trouxonos este conto, puxemos a clase a escuras e unha música relaxante, e contounos o que lle pasaba a esta nena que se chama María. Esta é unha nena que unha noite conoce á Escuridade e en vez de asustarse e chorar, invítaa a xogar, bailar, rir... Así, os nenos e nenas puideron tocar á escuridade e comprobar que non lle temos que ter medo. Agora, cada día, o encargado levará o conto para ler na casa e que os demais tamén poidan disfrutar deste libro.
Portada en inglés do conto "Mi amiga la oscuridad" |
No hay comentarios:
Publicar un comentario