jueves, 7 de junio de 2012

COLONIA DE ROSAS

DENTRO DO PROXECTO DAS FLORES DECIDIMOS FACER COLONIA. A PRIMEIRA QUE FIXEMOS FOI COLONIA DE ROSAS. NESTE VÍDEO PODEDES VER TODO O PROCESO. DENTRO DUNS DÍAS ENSINAREMOS OUTRA COLONIA QUE AÍNDA SE ESTÁ FACENDO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

viernes, 1 de junio de 2012

SAQUIÑOS DE LAVANDA

As flores teñen moitas utilidades. Atopámolas nos perfumes, en menciñas, nas comidas... Aproveitando que no noso patio temos plantas de lavanda fixemos uns saquiños destas flores que os nenos e nenas levaron para casa. Poderán utilizalos nos armarios, no coche... Desprenden un olor formidable!!!!!!!!!!

RECUNCHO DAS FLORES

Dentro do proxecto que estamos estudando agora, as flores, creamos este recuncho na aula no que recollemos o material que imos xuntando: xogos, láminas, debuxos...