martes, 31 de enero de 2012

POMBAS DA PAZ

Estas son as nosas pombiñas da paz, cada unha coa súa correspondente mensaxe. Esperamos que vos gusten. Agora están disfrutando delas todas as persoas que saen a pasear por Moaña. 


lunes, 30 de enero de 2012

DEGUSTANDO ALIMENTOS...

Probando e probando alimentos descubrimos que existen 4 sabores básicos, que apreciamos grazas ás papilas gustativas que temos na lingua. Estes son: doce (azucre), salgado (sal), ácido (limón) e amargo (cebola). Mirade que cariñas tiñamos mentres probabamos!!!!!!!!!!!!!!!!!


martes, 24 de enero de 2012

UN NOVO PROXECTO: O CORPO HUMANO


Á volta das vacacións decidimos cal era o novo proxecto que queriamos estudar. Entre as propostas saíron os dinosaurios, as illas, os peixes, etc. Finalmente, tatatachán... O corpo humano foi o que máis votos conseguiu. E puxémonos mans á obra. O primeiriño, coma sempre, pedir axuda ás familias para que nos deixaran material da casa. E estas son as primeiras aportacións. Moitas grazas.