miércoles, 28 de marzo de 2012

OVOS DE PASCUA

Hoxe fixemos unha manualidade que consistiu en colorear un ovo e un lazo e logo montalo nunha cartulina de cor. Por último botámoslle un pouquiño de purpurina no lazo. Quedaron moi bonitos!













COCIÑAMOS... MAGDALENAS

COMO NOS GUSTA TANTO COCIÑAR E PROBAR TODO O QUE FACEMOS, HOXE TOCOU UNHA NOVA EXPERIENCIA: FACER MAGDALENAS. OS NENOS E NENAS PORTÁRONSE TAN, TAN BEN, QUE É MOI PROBABLE QUE A PRÓXIMA VISITA Á COCIÑA SEXA MOI, MOI PRONTO. NORABOA PASTELEIROS E PASTELEIRAS!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 23 de marzo de 2012

PLANTACIÓN DE AMORODOS

CHEGOU A PRIMAVERA! CANTAS COUSAS SE PODEN FACER Ó AIRE LIBRE! MIRADE, MIRADE NESTE VÍDEO UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS NO COLE.

"PICNIC" NO PATIO

Con este bo tempo, nada mellor que salir ó patio cuns manteles e as nosas merendas a desfrutar da primavera. Fixemos un "picnic" que nos gustou moitísimo.






VISITA DE ZEQUI, PAPÁ DE SAÚL

E chegou a última visita da semana. Foi Zequi, o papá de Saúl. El traballa de axente forestal e, como nos dixo, encárgase de coidar os animais e as árbores que hai no bosque e no monte. Nótase que lle gusta moito o seu traballo porque llo soubo transmitir moi ben ós nenos e nenas. Despois púxonos uns vídeos duns avións que se ocupan de apagar os incendios que, como dicían eles, "molaban" moito. Por último, e para rematar, dounos un pequeno agasallo: unhas ricas gominolas. Moitas grazas Zequi. Cando queiras voltar, aquí estamos!!!!


VISITA DE LUIS, PAPÁ DE NAROA

Continuando coas visitas, hoxe tocoulle a Luis, papi de Naroa. O seu traballo é facer barcos, grandes, grandes. Así, ensinounos un montón de fotos que tiña no seu ordenador e que nos encantaron. Despois, dounos a cada un un barco para colorear e fomos para clase a poñernos mans á obra. E tamén se puxo a traballar con nós. Quedáronnos un barcos moi, moi chulis que agora temos no corcho da nosa clase. E antes de marchar, invitámolo a vir de "picnic" con nós. E aínda se quedou un ratiño a xogar no patio. Que papi máis divertido!!!!!!!! Moitas grazas Luis. Esperámoste cos brazos abertos.


jueves, 22 de marzo de 2012

GUSANOS DE SEDA

Sorpresa en clase!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Cuando llegamos al cole, resulta que teníamos una bolsa verde con una caja dentro y un sobre que ponía: "Carta para la clase de los elefantes"
Cuando ya habíamos llegado todos, nos sentamos en la alfombra y... abrimos el sobre. Dentro había una carta de Bertín, un gusano de seda. Resumiendo: nos pedía que cuidáramos a sus hijitos porque había tenido muchos y necesitaba ayuda. También una cajita con los gusanos dentro.


Por supuesto, estamos encantados de cuidarlos. Mirad con que cariño y cuidado los tratamos!





A partir de ahora, en nuestra clase habrá una cajita con 13 gusanos de seda para cuidar. Además, en otra cajita más pequeña tenemos 2 gusanos a los que le hemos puesto nombre: Rana y Blu. Estos los llevaremos a casa cada día para que los vean nuestras familias y amigos.
Os iremos informando de cómo evolucionan nuestros gusanitos.


VISITA DE SERGIO, PAPÁ DE JULIA

Estamos encantados con tantas visitas. Hoxe pola mañá, o primeiro que preguntamos foi: ¿Quen ven hoxe ó cole? E foi Sergio, o papá de Julia. Contounos como traballa con robots, que sirven para un montón de cousas. Ademais, tamén nos narrou un conto que nos gustou moitísimo. E para rematar, fomos para clase e coloreamos un robot superchulo que nos trouxo. Que traballos máis interesantes teñen estes papis!!!!!!!!!!!!!!! Moitas grazas Sergio. As portas do noso cole están abertas para cando queiras voltar.


miércoles, 21 de marzo de 2012

VISITA DE PABLO, PAPÁ DE MAURO

Pero aínda non acabaran as visitas polo día de hoxe. Non, non... aínda faltaba unha. A última hora da mañá chegou Pablo, o papá de Mauro. El traballa de pintor. E sabedes que nos propuxo facer?????????????? Pintar as columnas que temos no porche do noso cole. Si, porque estaban moi tristes, así de cor gris. E puxémonos mans a obra: rodillos, cubetas, pintura... e moitas ganas!!!!!!!!!!!! O resultado foi estupendo. Moitas grazas Pablo! Pasámolo xenial, é que nos gusta tan pouco pintar e mancharnos!!!! Non fai falta que digamos que podes volver cando queiras.

VISITA DE BERTO, PAPÁ DE AITOR

Despois do recreo seguimos coas visitas especiais. Era Berto, o papá de Aitor. Compartiu un ratiño de recreo con nós e logo entramos para a aula. Alí contounos que o seu traballo consiste en facer barcos moi, moi grandes en Vigo. Despois Aitor pediulle que nos contara un conto. E, por suposto, non se puido resistir. Fíxoo moi, moi ben. Gustounos moito! Grazas pola túa visita Berto. Estás invitado cando queiras a repetir!!!!!!!!!!!!!







VISITA DE MIGUEL, PAPÁ DE NOEL

Hoxe visitounos Miguel, o papá de Noel. Cando entrou pola porta, miramos que na man tiña unha maleta. Que habería dentro? Díxonos que algo que se podía tocar... así que era un instrumento musical. Un tambor... non, non. Un xilófono... non, non. Unha trompeta... tampouco. Era un...
SAXOFÓN
Primeiro, sacouno da maleta e foinos explicando cales eran as súas partes. Tamén nos mostrou un atril, as partituras...








E como non podía ser doutra maneira chegou a hora de darnos un pequeno concerto. Comezou cunha canción da peli "Toy story".

Continuamos con "Bajo el mar" de la peli "La sirenita".

Despois tocou unha da peli "El Rey León".

Pero aínda había máis. Esta non nos soaba moito. "Colores en el viento" de Pocahontas.

E para rematar, outra de "El Rey León".


Para finalizar, recollimos todo e sacamos unhas fotos de recordo. Moitas grazas Miguel. Volve cando queiras.