viernes, 23 de marzo de 2012

VISITA DE ZEQUI, PAPÁ DE SAÚL

E chegou a última visita da semana. Foi Zequi, o papá de Saúl. El traballa de axente forestal e, como nos dixo, encárgase de coidar os animais e as árbores que hai no bosque e no monte. Nótase que lle gusta moito o seu traballo porque llo soubo transmitir moi ben ós nenos e nenas. Despois púxonos uns vídeos duns avións que se ocupan de apagar os incendios que, como dicían eles, "molaban" moito. Por último, e para rematar, dounos un pequeno agasallo: unhas ricas gominolas. Moitas grazas Zequi. Cando queiras voltar, aquí estamos!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario