Hoxe visitounos Miguel, o papá de Noel. Cando entrou pola porta, miramos que na man tiña unha maleta. Que habería dentro? Díxonos que algo que se podía tocar... así que era un instrumento musical. Un tambor... non, non. Un xilófono... non, non. Unha trompeta... tampouco. Era un...
Primeiro, sacouno da maleta e foinos explicando cales eran as súas partes. Tamén nos mostrou un atril, as partituras...
SAXOFÓN |
E como non podía ser doutra maneira chegou a hora de darnos un pequeno concerto. Comezou cunha canción da peli "Toy story".
Continuamos con "Bajo el mar" de la peli "La sirenita".
Despois tocou unha da peli "El Rey León".
Pero aínda había máis. Esta non nos soaba moito. "Colores en el viento" de Pocahontas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario