lunes, 19 de marzo de 2012

VISITA DE IVÁN, PAPÁ DE CARLA

Hoxe, luns 19 de marzo, tivemos outra visita moi especial. Moi cediño, pola mañá, chegou ó cole Iván, que é o papá de Carla. El compartiu con nós un pouquiño do seu traballo. Así explicounos como traballa nunha fábrica moi, moi grande na que fan pezas para os coches. Tamén nos contou que traballa de noite. Si, si, mentres todos durmimos. Gustounos moito a túa visita. Aquí van unhas fotos para que vexades o atentos que estabamos. Moitas grazas Iván.



No hay comentarios:

Publicar un comentario