Hoxe, luns 19 de marzo, tivemos outra visita moi especial. Moi cediño, pola mañá, chegou ó cole Iván, que é o papá de Carla. El compartiu con nós un pouquiño do seu traballo. Así explicounos como traballa nunha fábrica moi, moi grande na que fan pezas para os coches. Tamén nos contou que traballa de noite. Si, si, mentres todos durmimos. Gustounos moito a túa visita. Aquí van unhas fotos para que vexades o atentos que estabamos. Moitas grazas Iván.
ENLACES OS NOSOS BLOGS
lunes, 19 de marzo de 2012
AGASALLOS DÍA DO PAI
E chegou xa o Día do pai... e xa puidemos levar os agasallos para casa. Como nos custou gardar o segredo! Esperamos que vos guste moito papis!!!!!!
día do pai 2012 - presentacion imagenes
viernes, 16 de marzo de 2012
DOKI DESCUBRE LOS HUESOS
Esta semana empezamos a investigar sobre o esqueleto. Como estamos un pouco liados con outros asuntos, aínda non lle puidemos adicar moito tempo. Pero xa sabemos algunhas cousiñas: que o cráneo protexe o cerebro, algúns nomes de ósos... Grazas a "Doki descubre" puidemos entender mellor para que nos serve o esqueleto. A profe Eva foi quen nos "descubriu a Doki".
ECOGRAFÍAS
Como xa vos contaramos, a semana pasada estivemos investigando sobre o embarazo, os bebés... Aroa xa nos trouxera unhas fotos de cando ela estaba na barriga da súa mamá e que estivemos vendo. Pero é que, esta semana, a profe Belén nos trouxo algo máis. Ela ten unha filla máis pequeniña que nós, Martina, e ensinounos unhas fotos no ordenador e uns vídeos de cando Martina estaba na súa barriga. Puidemos ver como eran os seus ollos, nariz, boca... e ata como se movía alí dentro. Moitas grazas profe Belén!
VISITA DE ALBERTO, PAPÁ DE DAVID
E comezamos coas visitas... Inauguramos co papá de David. Este vídeo é un pequeno resumo do que fixemos e aprendimos con el. Entre outras cousas, palabras novas para nós, como navegar, orza, timón... Moitas grazas por acompañarnos!!!!!
DÍA DO PAI
Achégase o día do pai, o 19 de marzo. No cole estamos preparando un agasallo feito por nós para regalarlle ós papás. Pero, ademais, queremos disfrutar da súa compañía no cole. Por iso, ós que lles apetezca, viran a contarnos a que se dedican, a facer un xogo, a explicarnos que lles gusta facer cos seus fillos/as... Esperamos ansiosos e ansiosas as súas visitas!!!!!!
GRANDE, MEDIANO, PEQUENO
Esta semana a profe contounos dous contos, cos que ademais de divertirnos, aprendemos moitas cousas. Entre elas, os conceptos pequeno, mediano e grande. Sabedes cales son?
CHIBOS, CHIBÓNS
OS TRES PORQUIÑOS
Ademais, deste último tamén miramos un vídeo que non é que nos guste, é que nos encanta. ¿Quién teme al lobo feroz, al lobo, al lobo?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












