lunes, 14 de mayo de 2012

VISITA DE MARTINA, MAMÁ DE JULIA

E o venres houbo máis visitas. Tamén estivo con nós Martina, a mamá de Julia. E sabedes en que nos transformamos? En cociñeiros de galletas!!!!!!!!! Primeiro misturamos a fariña coa mantequilla. Despois botámoslle azucre e ovos. E seguimos misturando. Esta masa foi 5 minutos ó conxelador mentres recollíamos. Logo, a estirar ben a masa co rodillo e a darlle as formas que máis nos gustaran. Decorámolas por enriba, ó forno e... para casa!!!!!!!!! Ñam, ñam, non teño ningunha dúbida de que estaban boísimas. Noraboa Martina. Unha cociñeira estupenda que traballou ben duro. Volve cando queiras!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario