ENLACES OS NOSOS BLOGS
miércoles, 22 de febrero de 2012
jueves, 16 de febrero de 2012
MARILUZ AVESTRUZ
Hoxe a profe contounos o conto de Mariluz Avestruz, de OQO Editora, que nos gusta moito. É este.
Despois, vimos a canción do conto, que está no CD Contos en Cantos de Almudena Janeiro, que aínda nos gustou máis.
Por último, fixemos un debuxo de Mariluz. Nalgúns aparece ela sola, noutros aparece acompañada ou, incluso, tan acompañada que é complicado adiviñar onde se esconde. Botádelle imaxinación e disfrutade con eles. Así é como ven a Mariluz Avestruz estes nenos e nenas de 3 anos.
miércoles, 15 de febrero de 2012
ENTROIDO: SOMOS FLORES
Saúl hoxe sacou o último sobre: o número 3. Adiviñámolo moi, moi prontiño. Estes nenos e nenas necesitaban unhas pistas máis despistadas porque son moi listos. E sabedes de que nos disfrazamos? Pois de flores. E así quedamos.
martes, 14 de febrero de 2012
ENTROIDO: SOMOS LEÓNS
Hoxe a encargada foi Ainara, e ela sacou o sobre número 5. Como sempre, dentro había unhas pistas: é un animal. Xa vos podedes imaxinar a cantidade de opcións que saliron: peixes, paxaros, cocodrilos, leóns, vacas, cans... Continuaba dicindo que tiña moito pelo e que ruxía. Agora xa había menos opcións. E a pista definitiva: é o rei da selva. Claro, o león. A ver se sodes quen de adiviñar quen se atopa detrás destas máscaras.
lunes, 13 de febrero de 2012
"CANCIÓN DO TEMPO"
Outra canción que descubrimos recentemente e que lles encanta ós nenos e nenas. Eles chámanlle "la canción del tiempo" e queren escoitala tódalas mañás. E así, de forma divertida, aprenden os días da semana.
viernes, 10 de febrero de 2012
ENTROIDO: SOMOS RAÍÑAS E REIS
E hoxe o encargado de sacar o sobre foi Mauro, e... o sobre número 1 apareceu. A verdade é que hoxe adiviñámolo moi cedo. Teñen coroa, levan un cetro na man, gobernan un país... Hoxe convertémonos en reis e raíñas de paises tan diversos como Leisilandia, Castellano... Como sempre, o resultado foi espectacular.
jueves, 9 de febrero de 2012
CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO
A Concellería de Culura de Moaña convocou un concurso escolar de carteis para seleccionar o cartel do Entroido 2012. As normas indicaban que debía ser en formato A3 e contando unicamente con tres cores. E sabendo iso, puxémonos mans á obra. E este foi o resultado. Se resultamos gañadores recibiriamos un cheque regalo por valor de 100 € para material de libraría ou escolar que non nos viría nada mal. Aínda así, non debemos olvidar que o importante é participar!!!!!!!
miércoles, 8 de febrero de 2012
ENTROIDO: SOMOS PALLASOS
E hoxe tocoulle a Carla sacar un novo sobre, o número 2, e as pistas eran as seguintes. Primeira, traballa no circo. Será un camello, un pallaso...? Continuaba dicindo que levaba uns zapatos enoooormes. Si, pode ser un pallaso. E as pistas definitivas, leva o nariz pintado de vermello e é moi, moi gracioso. Confirmado: hoxe somos pallasos. Mirade que guapos!!!!
martes, 7 de febrero de 2012
ENTROIDO: SOMOS INDIOS
CHEGA O ENTROIDO E CON EL AS GANAS DE DISFRAZARNOS. HOXE O ENCARGADO TIVO QUE SACAR UN SOBRE DUNHA BOLSA. SACOU O NÚMERO 4 E DENTRO HABÍA UNHAS PISTAS QUE NOS DICÍAN EN QUE NOS ÍAMOS CONVERTIR. PRIMEIRO DICÍANOS QUE ESAS PERSONAXES TIÑAN XEFES E LEVABAN PLUMAS NA CABEZA. OS NEN@S PENSARON: SERÁN GALOS, GALIÑAS, INDIOS OU OUTRA COUSA? E AS PISTAS SEGUÍAN. TAMÉN NOS DICÍAN QUE LEVABAN PLUMAS NO PESCOZO E QUE SE PINTABAN A CARA. AGORA SI QUE NON HABÍA DÚBIDAS. OS INDIOS CHEGARON Á CLASE DOS ELEFANTES!!!!!! A QUE ESTAMOS GUAPOS E GUAPAS!!!!!
jueves, 2 de febrero de 2012
DESCUBRIMOS SENSACIÓNS COAS NOSAS MANS...
Agora tocounos probar un sentido novo: o tacto. Así descubrimos que a través das nosas mans chegan un montón de sensacións.
miércoles, 1 de febrero de 2012
CANCIÓN DE BOS DÍAS
NA CLASE DOS GOLFIÑOS CANTAN UNHA CANCIÓN QUE NOS GUSTA MOITO DE BOS DÍAS QUE AGORA IMOS APRENDER NÓS. É ESTA!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)